ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/04/15

Penúltimas tendencias

Comentario de Cristina Costela Seara
Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 


Penúltimas Tendencias de Carlos Negro é un libro que describe diversas situacións escritas nun poemario, postas en bocas de adolescentes. Trata temas como o amor, os estereotipos de hoxe en día, a moda… Fai unha crítica sobre como ten que ser o aspecto dunha muller fashion e tamén entra nas relacións sentimentais.
Eu penso que neste libro fala unha rapaza que loita á súa maneira por un universo de mozas libres. Esta rapaza quere un mundo no que a aparencia non sexa todo e quede cuberta detrás da intelixencia, da razón e das características que fan a alguén único.
Gustoume moito como pensa a rapaza que fala, porque ela dá a súa opinión sen importarlle o que dirán, é dicir, é unha muller que non ten costuras nos labios, tamén fai unha crítica á sociedade machista e estereotipada, na cal unha muller sempre debe estar guapa, maquillada, debe ter un corpo ideal... e iso, non é así, temos que destacar pola nosa personalidade, pola nosa forma de pensar, non por ser guapas ou feas.

Sen comentarios