ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/04/15

Makinaria



Comentario de Alberto Blanco


Makinaria
Carlos Negro

Xerais
 
 
Makinaria de Carlos Negro foi un dos mellores libros que lin, aínda que é de poesía.
No libro eu sinalaría tres partes: unha introdución na que se presentan os protagonistas; unha segunda que trata os temas principais do libro (a  velocidade, os coches, a música, as drogas, o sexo e o perigo) e por último a parte do desenlace onde destacan “061” e “Game Over” que tratan o tema da morte.
Ao longo do libro aparecen varias voces narrativas que dan a súa visión sobre o que se está contando. Por unha banda, esta visión dos mozos que non son conscientes do perigo que están vivindo, eles non pensan nas consecuencias negativas dos seus actos e no sufrimento e dor que poden causar a outras persoas (aos pais, amigos, familia, etc…). Por outra banda, está a visión dos adultos que aparecen tamén como vítimas e que padecen as consecuencias do comportamento irresponsable dos mozos.

Considero un acerto do autor tratar estes temas con poemas. Xa que consegue conectar e recomendar ser responsables para evitar consecuencias máis graves con determinadas actitudes.
 

Sen comentarios