ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/04/15

O caderno de Ánxela

Comentario de Nerea Álvarez González


O caderno de Ánxela
Raquel Ricart Leal
Galaxia




Este libro encantoume porque é un libro no que unha rapaza, que aínda que sexa tan pequena, cóntanos todos os seus sentimentos e as súas experiencias da vida.
Unha das cousas polas que me gustou tanto foi porque trata sobre unha rapaza que é adoptada, é dicir, que a pesar de estar noutro país (porque ela é de orixe chinesa) e de que seus pais non son os seus verdadeiros pais sempre intenta estar feliz e no seu caderno sempre conta o que verdadeiramente sinte. Outra das cousas que me gustou foi as tres historias que crea Ánxela.
Das tres historias que conta a protagonista foi a de que un rapaz vai ter unha irmá adoptada e pensa que súa nai xa non o vai querer tanto coma a súa nova irmá.
O que menos me gustou foi a historia na que unha nena quédase cega grazas a unha planta e ten que cruzar o seu país para dar cun lugar con augas máxicas para poder curarse da súa cegueira.
Unha das cousas que me namorou da protagonista é que a pesar de ser adoptada ela séntese filla biolóxica dos seus pais adoptivos e que sempre é feliz e sobre todo que non lle importa ser adoptada xa que é verdadeiramente feliz cos seus novos pais.

Sen comentarios