ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/04/15

A punta de pistola

Comentario de Adrián Mato


A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais


A punta de pistola é un libro no que ti xa empezas sabendo a trama da historia pero no seguinte capítulo cambia de  tema.  Chega a contar tres historias paralelas, que, como non, ti sabes que deben ter algo en común. Iso de facer varias historias paralelas ten vantaxes, xa que o lector está intrigado e faise hipóteses sobre o que poden ter en  común ambos relatos, pero tamén o seu lado malo, porque pode chegar a aburrir ao lector. Se tivera que elixir unha, sería na que O Varas e Rica escapan cos seus fillos do Centro Social, paréceme a fuxida peor organizada que vin ata agora e ademais non os levaron porque os quixesen, senón porque non lles gustaba que lle arrebataran algo que era seu, é dicir, tratábanos coma obxectos.  As outras non son de todo aburridas, unha cóntanos a historia de Celia Rivas, a primeira camioneira de Europa, está contada por outra camioneira que participa na acción final cando O Varas estampa o coche contra o seu camión. A terceira cóntanos a historia dunha rapaza, que namora dun home mais maior ca ela que casualmente é compañeiro da camioneira, esta é filla de Rica. Só quitaría a parte na que fala  dos sospeitosos porque corta aínda máis a historia e fai que aborreza.

1 comentario:

Laura García Moldes dixo...

Paréceme unha historia con moita acción, entretida e emocionante, na que hai dende os problemas sociais, a importancia da muller na sociedade e toques do estilo das novelas policíacas. Faise entretido e engancha. Encántame o tema da fuxida é emocionante e fai que teñas gañas de saber como vai rematar.
Gústame a súa estrutura, polas dúas historias que están conectadas, e pódese ler rápido e fácil de entender.
O feito de que ás accións se realicen en Vigo, faite sentir cerca dos personaxes e de toda a trama.
O meu personaxe favorito é a camionera, porque paréceme unha muller forte e decidida, pero á vez sensible.
O que me desconcerta e a relación da parella, tamén protagonista, lévanse mal, pelexan, pero están moi unidos.