ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/04/15

Nubes de evolución

Comentario de Adrián Mato

 

Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais 



Creo que non podía estar máis de acordo co nome deste libro porque non trata nada menos que da capacidade das persoas para cambiar e adaptarse. Os personaxes son quen de facelo motivados polo pensamento de que se unha nube é capaz de evolucionar, eles non han ser menos ca unha acumulación de auga. Gústame como divide o autor as historias e  como primeiro conta Amanda o que lle sucedeu con Uxío e logo como Uxío relata o que lle ocorreu con Amanda. Tamén me agrada o personaxe de Luís, ese profesor que polos seus problemas familiares non trata da maneira máis correcta aos seus alumnos, aínda que non o culpo por reaccionar así. Ver como tres persoas tan diferentes poden estar unidas polo mala fortuna das súas vidas e como unha frase pode facernos reflexionar ata tales extremos é impresionante. Podo asegurar con toda firmeza que aprendín algo máis lendo este libro.
         Tamén lle debo agradecer a este libro a miña actual afección á música dos Rolling Stones.
 

Sen comentarios