ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/04/15

Makinaria

Comentario de Cristina Costela Seara

 
 
 
Makinaria
Carlos Negro

Xerais
 



Makinaria de Carlos Negro é un libro que me fixo reflexionar sobre como hai que andar nas estradas cos coches. Este libro é unha maneira de advertir a aqueles que cren ter a situación baixo control, aos que beben e aínda así se aferran aos volantes.
Esta situación dáse moi a miúdo nas estradas galegas, onde se ve a irresponsabilidade dalgúns adolescentes, que a pesar de estar bébedos ou con outras substancias dentro do seu corpo, non son conscientes, e collen igualmente ó seu coche, o que lles fai acabar no peor lugar, o cemiterio. É duro para amigos e familiares, pero no momento en que montan no coche a diversión parece que é o único que lles importa e o único que fan é irse aproximando a morte.
Por iso, temos que ser moi conscientes tódolos adolescentes á hora de montar nun vehículo, estar seguros con quen imos e non conducir se bebemos algo ou probamos algunha droga.
Libros coma este, deberían servir para facer reflexionar a todo lector, e facer recapacitar antes de coller un coche. A vida é curta e hai que goza pero con “sentidiño”.

Sen comentarios