ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/04/15

Nubes de evolución

Comentario de Julia Cacheda
 

Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais 



O libro "Nubes de evolución" de Andrea Maceiras definitivamente gañouse un anaco de min.
  Nel tres persoas que non tiñan nada en común, excepto nada que perder, coñécense por unha misteriosa frase que aparece na estación.
  Cada personaxe nesta historia transmite algo distinto, e os tres axúdanse entre eles a darlle un xiro de 360° ás súas vidas, a facerse mellores persoas, e a recuperar todo o que perderan.
  Para min a mellor personaxe da historia é Ánxela, pero non a  filla de Amanda senón a outra Ánxela. Ela non actúa directamente na trama da historia pero sen ela Angie non tería sentido, sen esa muller que sempre brillaba por onde pasara os personaxes non estarían conectados entre eles e, sobre todo, sen ela, as nubes non evolucionarían, non darían paso ao verán, á calor, a poñerlle cara aos problemas, a mellorar as cousas, e sobre todo, a permitise o luxo de parar na pastelería,e endozar a tarde cun pastel de amorodos.

Sen comentarios