ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/03/15

Menú de enganos

Comentario de David González Sampayo


Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia




Esta é unha historia de Manuel Núñez Singala que me gustou moito, unha novela para chuparse os dedos, dito metaforicamente. Un dos detalles que máis me gustou da obra foi a forma en como o seu autor organiza e estrutura a obra nas distintas seccións que posúe unha comida; e non o fai da típica forma de separar a historia en capítulos. Cada parte da comida posúe varios historias curtas, en xeral, bastante interesantes. Eu vou falar de catro obras da historia, as dúas que máis me gustaron e as dúas que menos.

Unha das obras que máis me gustou foi "O enxeño" porque é unha das obras máis interesantes da novela e tamén unha das máis divertidas. Outro aspecto polo que me gustou este relato foi porque desta historia eu saco a ensinanza de que por moi experimentado que sexas nunha faceta, sempre tes que estra atento porque alguén sempre te pode querer enganar e se estas despistado fai de ti un pandeiro, o que lle sucede á protagonista desta historia.

Outro dos contos que, para min, se leva a palma é "O tobo", xa que a temática desta obra é a vida nun colexio na época fascista. Este foi un dos aspectos polos que me gustou, xa que a min gustanme este tipo de relatos. O título desta obra está en relación a un método de castigo que hay no centro do protagonista, un lugar claustofóbico e onde non se pode respirar. Ao igual que na obra anterior, desta tamén saco unha moralexa que a quen non coñeces, non lle deixes nada, a pesar do que aparente, porque as apariencias engañan e iso que llo digan ao protagonista da historia, que foi guiado polo amor e así acabou.

Agora vou falar das historias que menos me gustaron. En primeiro lugar, vou facer referencia a "O comezo das vacacións". Esta obra pareceume moi aburrida e o argumento, unha tontería. Na miña opinión esta obra non merece estar nun libro tan bo coma este. A única cousa ca que me rin con esta historia foi o momento en que o protagonista berraba cos outros condutores, para que saíran do medio e el puidese chegar a tempo ao aeroporto.

A última obra á que vou facer referencia vai ser a "Solidariedade occidental". Esta foi a obra que menos me gustou porque non a entendín e, falando claro, pareceume unha chorrada. Desta obra moito máis non podo dicir. Solo entendín que unhos pais adoptan un fillo porque teñen un e queren ter dous e a nai non pode quedar embarazada porque cando deu a luz do seu primeiro fillo, extraéronlle a matriz, e entón deciden adoptar. Outra cousa que entendín foi que o avogado que lles levou a cabo os trámites, era un corrupto, pero non entendín nada máis.

Sen comentarios