
Menú de enganos
Núñez Singala
Galaxia
Este libro pareceume coma un puzzle composto por moitas pezas que nós temos
que ir encaixando a medida que imos avanzando na acción, ahí esta a gracia creo
eu para, ó final, conseguir con todalas pezas formar un "todo" na
nosa mente. Esa característica dos contos independientes pareceme unha
excelente idea pero que nalguns momentos pode chegar a ser bastante liosa. E
eso foi o que me pasou a min xa que, ao principio, resultabame moi interesante
e divertido ler cada conto polo principal motivo da intriga que producía en min
o contido do seguinte conto polo que máis dunha vez ,este libro fixome dicir a
frase de "¿Que pasará no seguinte conto?" pero a medida que avanzaba
no libro foiseme apagando cada vez máis esa luz da intriga que alumeaba con
tanta forza ao principio.
Claramente houbo contos que me gustaron máis ca outros e eses foron, por
exemplo:o de A MENSAXE, conto que me pareceu o mellor de todos sen dubida
algunha xa que pareceume super divertido e orixinal polo feito de que non me
esperaba que acabara sendo esa frase senon que esperaba que fora unha mensaxe
incriptada ou algo así, ou A RAPAZA DO BIKINI DE VERDE porque ao non desvelar a
identidade de María, que sorprendeume ao non ser a que esperaba eu e case
todolos lectores supoño.
Tamén,non todo iban ser eloxios, aínda que podía ser pero este non é o caso
debido a que hay alguns contos que parecenme innecesarios totalmente, as pezas
que sobran no puzle como é no caso de EQUILIBRIO DE FORZAS xa que dende o
primero momento non me chamou demasiado a atención e ó acabalo non me apeteceu
volvelo a ler (cousa que ocorreu ó contrario nos dous contos mencionados
antes), ou o de SOLIDARIDADE OCCIDENTAL, por exactamente o mesmo motivo.
Unha das cousas máis importantes e sorprendentes foi a estructura en
que estaban divididos os contos, en forma de carta dun restaurante, encantoume
ese detalle¡¡¡¡¡¡
En definitiva bo libro o que lin onde, na miña opinión podelle sobrar
alguns contos máis esta moi ben pensado.
Sen comentarios
Publicar un comentario