ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/03/15

Poetizándonos (I)

Despois de lermos Poetízate, o comentario a facer é ben diferente. Escollen un poema segundo uns parámetros e logo procuran cal é do seu agrado.


Anxo Gil Figueiras:


O libro achegoume á poesía, cando eu pensaba que era aburrida. A poesía de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal xa a coñecía, pero hai varios autores que coñecín con este libro e que me gustaron, como Antonio Noriega Varela, Alfonso Pexegueiro, Antonio García Teijeiro, Antón Lopo, Xabier Santiago ou Kiko Neves.

A poesía de Ramón Cabanillas e Álvaro Cunqueiro tamén me gustaron moito, especialmente o último. Houbo poemas, como o de Celso Emilio Ferreiro, O lóxico, que eran moi bos, e contaban moitas verdades. Tamén me dei de conta de que moitos dos poemas do libro de galego deste ano e de cursos anteriores aparecen en Poetízate. Foi un libro co que cambiou o meu concepto da poesía.

O poema máis divertido foi Unha moto que vira para a esquerda derrapa e cai, De Xabier Santiago, Derrapa e cai, porque me pareceu moi absurdo e gracioso a primeira vez que o lin.
O poema máis atrevido foi O lóxico, de Celso Emilio Ferreiro, Ceminterio privado, porque me pareceu un atrevemento o poema, poñendo en evidencia o dito popular.
O poema máis sorprendente foi Non teño ganas de ti, de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, porque é un poema de amor un tanto peculiar, afirmando que non quere ver ao seu amado.
O poema máis sentimental foi Cuspe, de Antón Lopo, Fálame, porque os pais o despreciaban por ser poeta, e el sentía a poesía.
O poema máis misterioso foi O que máis me gusta da poesía son os silencios, de Kiko Nieves, Ruído de motos, porque argumenta a beleza do silencio.
O poema máis erótico foi Domingo,18, de Kiko Neves, Un Poema de Amor, porque é moi porco.
O poema máis amoroso foi Voz sen verbas, de Antonio García Teijeiro, na fogueira dos versos, porque argumenta que el sen ela vive nun inferno.
O poema máis triste foi xogamos aos galegos? de Carlos Solla, Holocausto zacoe, porque conta dun modo realista a historia do galego.
O poema máis alegre foi Marihuana, de Manuel Rivas, ningún cisne, porque relata dun xeito moi optimista o cultivo dunha droga ilegal.
O poema máis rítmico foi Sombras, de Xosé María Álvarez Cáccamo, lúa de pan, porque ten moita musicalidade e ritmo, e gustoume moito.

-O que máis me gusta da poesía. Os silencios. Kiko Nieves, Ruído de motos. 
-Unha moto que segue de frente derrapa e cai. Xabier Santiago, Derrapa e cai.
-Para que queredes un poeta vivo se non sabedes que facer con el. Alfonso Pexegeiro, Blasfemias de silencio.
-Non teño ganas de ti. Carlos Negro, Penúltimas tendencias.
-Ningúen me prohibirá nunca estar soa. Lupe Gómez, Os teus dedos na miña braga con regra.
-5 Razóns polas que cortaría contigo, Carlos Negro, Penúltimas tendencias.
-Escribir felicidade é sobreactuar, David Rodríguez, Lapidarias.
-Xogamos aos galegos? Carlos Solla, Holocausto zacoe.
-Aos nove meses pariu un cartón de tabaco, Xiana Arias, Ortigas.
-Quero sentarme en coiro sobre campos de vacas e néboa. Lupe Gómez, Os teus dedos na miña braga con regra.

O meu poema favorito foi "Cuspe", porque reflexa os sentimentos dun verdadeiro poeta, e gustoume moito.


Adrián Mato:

O poema  máis divertido de todo o libro foi “O Preguntón” de Celso Emilio Ferreiro. Fíxome reflexionar, e é verdade que as veces por querer saber demais metémonos en leas.
O poema máis atrevido de todo o libro foi “E entre tantos recheos” de María Reimóndez. Trata un tema moi presente na actualidade e critica que a xente non se aproba así  mesma polo que é.
O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Excelsior” de Manuel Antonio.  Nunca vira un poema desa forma.
O poema máis sentimental de todo o libro foi “Lingua que rexeitaron os meus pais” de Antón Tovar. Trata o tema da decadencia da lingua galega que é moi importante.
O poema máis misterioso de todo o libro foi “O que amo é o amor” de María Xosé Queizán.  Nin el mesmo é quen de  definir o que é o amor, e creo que iso é un misterio para nos. Que é o amor?
O poema máis erótico de todo o libro foi “Definición” de Lupe Gómez.  Define ven a sexo.
O poema máis amoroso de todo o libro foi “O amor”de Lupe Gómez. Define moi ben o que e o amor por medio de metáforas pero en realidade proseguimos sen saber, que e o amor? Quizá o amor sexa unha metáfora.
O poema máis triste de todo o libro foi “Os mozos” de Manuel Curros Enríquez. É unha crítica moi boa da urbanización e o triste abandono do campo.
O poema máis alegre de todo o libro foi “Sombras” de Xosé María. A pesar de que é un poema que expresa o medo dun rapaz,  os versos discorren moi alegremente.
O poema máis rítmico de todo o libro foi “Amor de auga lixeira” de Álvaro Cunqueiro.  Gústame lelo unha e outra vez e logrou que o seu ritmo sexa moi apegadizo.

 Todos estes poemas gustáronme moito pero sen dúbida o poema que máis me gustou foi “Autopsia” de Carlos Negro. A metáfora é moi evidente e reflexa un dos maiores problemas da sociedade, o consumo de alcohol e drogas e a condución baixo a influencia destas substancias, ademais da irresponsabilidade da xuventude.


Noelia Blanco Pájaro


  1. O poema máis divertido de todo o libro foi ``Quérote como aquel home´´ de Raúl Gómez Pato porque me resultou moi gracioso.
  1. O poema máis atrevido de todo o libro foi ``Quero sentarme´´ de Lupe Gómez porque so mirar o título do libro me parece un tema que non se soe tratar con normalidade.
  1. O poema máis sorprendente de todo o libro foi ``Escelsior´´ de Mnuel Antonio porque non pensei que iso puidera ser poesía.
  1. O poema máis sentimental de todo o libro foi ``Xaneiro 1972 II´´ de Celso Emilio Ferreiro porque ó lelo, é un dos que máis vivo.
  1. O poema máis misterioso de todo o libro foi ''Máis que un poema'' de Chus Pato porque creo que son dous versos que esconden moito detrás.
  1. O poema máis erótico de todo o libro foi ``Tócome'' de Rosalia Fdez Rial polo vocabulario que emprega.
  1. O poema máis amoroso de todo o libro foi ''Quérote como o meu bisavó'' de Raúl Gómez porque demostra amor dunha maneira moi sinxela.
  1. O poema máis triste de todo o libro foi ''Agora´´ de Xoán Abeleira porque fala dun desamor moi sufrido.
  1. O poema máis alegre de todo o libro foi ``Tódolos bebés son tú e ningún coma ti'' de Xela Arias porque mostra esa alegría dunha nai cara un fillo.
  1. O poema máis rítmico de todo o libro foi ``Subiote´´ de Xosé Neira Vilas porque Carlos Negro nun obradoiro leuno cantando con moito ritmo e agora que o vexo sempre me lembro e leo o poema cantando.
  2. O poema que máis me gustou de todo o libro foi ``Xaneiro 1972 II'' porque foi un poema que me transmiteu moito e que Celso Emilio Ferreiro soupo como escribir para que nós o sentiramos.
  3. O poema que menos me gustou de todo o libro foi ``Xogo ruín´´ de Luís Pimentel porque quizáis non o entendín moito.

Sen comentarios