ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/03/15

Poetizándonos (II)





Cristian Domínguez Vázquez:

O poema máis divertido de todo o libro é o de Ramón Cabanillas,O Rei tiña unha filla porque foi o poema co que máis me rin.
O poema máis atrevido de todo o libro é o de Luís Amado Carballo,Festa porque foi no cal o autor parece ser moi atrevido coas suas palabras,
O poema máis sorperendente é o de Luz Pozo Garza,A ave da luz sabe porque foi o k máis me sorprendeu pola estructura do poema.
O poema máis sentimental de todo o libro é o de Antonio García Teijeiro,Voz sen verbas porque foi o poema que me chegou ao corazón.
O poema máis misterioso de todo o libro é o de Manuel Antonio,Excelsior porque foi o poema que non entendera ao principio.
O poema máis erótico de todo o libro é o de Lupe Gómez,Cerámica porque foi o poema que me pareceu máis erótico e que non trata outra cousa.
O poema máis amoroso é o de Celso Emilio Ferreiro,Xaneiro 1972 II porque foi o poema que máis amor transmite.
O poema máis triste  é o de Verónica Martínez,De súpeto porque este poema foi o que me fico chorar cando o lin
O poema máis alegre é o de Rosalía de Castro,Xan porque foi o poema que me transmitiu alegría e temen o lin con alegría.
O poema máis rítmico é o de Antón Reixa,Follow me porque foi o pema que lin con ritmo.
O poema que máis me gustou doi libro foi o de Darío Xohán Cabana,Por amor porque foi co que máis me relaciono e o que menos me gustou foi o de Manuel Rivas,Welcome porque non me fixo sentir nada.

X.Manuel Fdez. Taboada:


1-O poema máis divertido de todo o libro foi O lóxico do libro "Ceminterio privado" de Celso Emilio Ferreiro porque fíxome gracia que este gran autor, fixera referencia a frase " En todas as partes se cocen fabas" dicindo que eso era imposible xa que cada minuto no mundo morrían cen persoas.
2-O poema máis atrevido de todo o libro foi Cerámica do libro "Pornografía" de Lupe Gómez porque eu creo que o título do libro xa o di todo e a frase do poema tamén "Costruímos o sexo cos nosos dedos" a verdade é que para ser un poema tan curto pareceume moi atrevido polo que me fixo sentir cando o lin.
3-O poema máis sorprendente de todo o libro foi Excelsior do libro "De catro en catro" de Manuel Antonio porque a forma que o autor lle deu ao poema chamoume moito a atención aínda que realmente o único que había escrito nel era a frase "Eu son" en distintos idiomas o cal aínda me sorprendeu máis.
4-O poema máis sentimental de todo o libro foi Nai do libro "Do sulco" de Xohana Torres porque este poema a verdade e que fíxome reflexionar o importante que pode ser para ti unha nai e que aínda que crezas vai seguir sendoa, e como unha nai un pai, eles sempre van estar ahí cando o necesites.
5-O poema máis misterioso de todo o libro foi Non coidarei xa os rosales do libro "Follas novas" de Rosalía de Castro porque a verdade non comprendín moi ben por que a autora decía que se ela morría , os rosales e os pombos tamén tiñan que morrer como morría ela. A verdade é que causoume certas dúbidas este poema e pareceume moi misterioso.
6-O poema máis erótico de todo o libro foi Definición do libro "Pornografía" de Lupe Gómez porque a verdade pareceume que a definición que lle deu ao sexo é moi boa xa que se a ves dunha forma realista creo que che fai pensar o excitante e gustoso que sería.
7-O poema máis amoroso de todo o libro foi Domingo, 18 do libro "Un poema de amor" de Kiko Neves porque nel móstrase todo o que se queren as dúas persoas aínda que ao final se acaba cansando o home dela, pero creo que entre eles dous (sobre todo por parte dela) veuse todo o que se querían.
8-O poema más triste de todo o libro foi As veces digo amor do libro "Sétima soidade" de Pilar Pallarés porque penso que no amor é onde máis dano se pode facer e neste caso , pareceume moi triste a desesperación que sinte porque o chico que lle gusta non lle fai caso e creo que eso é algo que nos ten pasado a todos. 
9-O poema máis alegre de todo o libro foi A do libro "Calados esconxuros" de Antón Tovar porque nel móstrase un lugar donde todo é de pedra e non hai río, polo que, como se di no poema "Pedra feliz repouso ledo".
10-O poema máis rítmico de todo o libro foi Jazz do libro Morte do fadista de Manuel Forcadela porque gustoume moito a forma de expresarse o poeta cando di que vai tocar, e o único que ten que facer e subirse ao escenario e deixar que o corpo baile procurando co ritmo percorra todo o teu corpo.

O poema que máis me gustou foi Escribir felicidade do libro "Lapidarias. Os versos escuros" de David Rodríguez. Nel básicamente o que se di é "Escribir felicidade é sobreactuar" aínda que é moi curto gustoume moito porque pareceume unha verdade moi grande e que moita xente non se da conta de que iso e así.
O poema que menos me gustou foi Xogo ruín do libro"Sombra do aire na herba" de Luís Pimentel . Simplemente polo feito de que o que contaba o poema pareceume moi desagradable e non me apetecía ver como remataba, xa que quedei pensando como sería se nos fixesen a nos iso. 


Noelia García:


1. O poema máis divertido de todo o libro foi Unicornio de cenoria que cabalgas os sábados, porque se expresa con confianza e despreocupación.
2. O poema máis atrevido de todo o libro foi Epiderme ( Tríptico)  porque cando o les podes imaxinar distintas cousas,  non aclara nada.
3. O poema máis sorprendente de todo o libro foi Os teus dedos na miña braga con regra, porque creo que non e moi habitual oír iso xa que case non se fai, sentarse en coiro nun prado.
4. O poema máis sentimental de todo o libro foi Pornografía (O amor), porque expresa con moito sentimento o que pensa e sinte.
5. O poema máis misterioso foi O son da xordeira (Soa), porque di cousas misteriosas, coma facendo entender al soidade dunha persoa que non se acorda ninguén dela.
6. O poema máis erótico de todo o libro foi Pornografía (Cerámica) porque da significado a forma de pensar do poeta que é para el o sexo.
7. O poema máis amoroso de todo o libro foi porque fala dunha maneira moi bonita do que é para el esa rapaza, o que lle fai sentir. H)
8. O poema máis triste de todo o libro foi Poemas da cidade oculta (E atravesados pola barriga) porque entendín que duas persoas o estan a pasar mal.
9. O poema máis alegre de todo o libro foi O gato branco porque o poema ten moito ritmo e liberdade..
10. O poema máis rítmico de todo o libro foi A rosa de ven follas (O rei tiña unha filla) porque ten rima e soa ben ao dicilo. 

O poema que mais me gustou foi, Onde o mundo se chama Celanova, dame moito que pensar, imaxinar, gustame moito a expresión, o sentimentalismo, ao lelo varias veces quedaseche na cabeza porque é bastante rítmico e repetitivo, por iso é pegadiza, chegache ao corazón porque di cousas sentimentais e bonitas.
O poema que menos me gustou foi Todas as mulleres que fun, non me gustou nada porque non o entendín só hai nomes de mulleres e co título do poema non son capaz de entender o que quere dicir iso. Os nomes e apelidos, non son  moi coñecidos nin fáciles de entendir nin pronunciar.


Álvaro Diéguez


1.           O poema máis divertido de todo o libro foi  O año pitaño de X.M.Álvarez Blázquez   porque son divertidas as rimas que fai cos animais.
2.           O poema máis atrevido de todo o libro foi Welcome de Manuel Rivas  porque antes era moi frecuente pegar aos fillos por unha trasnada pequena.
3.           O poema máis sorprendente de todo o libro foi A ave da luz sabe de Luz Pozo Garza  porque é rara a forma en que o autor reflexa o poema, e resulta raro ao lelo.
4.           O poema máis sentimental de todo o libro foi Por que, miña almiña? De Rosalía de Castro porque cando o les dache que pensar sobre a vida ,co que escribe nos seus poemas.
5.           O poema máis misterioso de todo o libro foi Follow me de Antón Reixa porque non entendo o que quere transmitir o poeta no seu poema.
6.           O poema máis erótico de todo o libro foi Cerámica de Lupe Gómez porque transmite cousas do sexo que a xente adolescente lle fai rir.
7.           O poema máis amoroso de todo o libro foi Campanas de Luís Amado Carballo porque me gustou a forma en que expresa o amor nese poema, bañando o corazón.
8.           O poema máis triste de todo o libro foi Ós mozos ,de Manuel Curros Enríquez  porque ahora á xente xa non lle gusta a aldea e todos van ás cidades,cada vez vai haber menos xente nos pobos ata que se extingan.
9.           O poema máis alegre de todo o libro foi Quérote miña avoa de Raúl Gómez Pato  porque me acordo de cando era pequeno e estaba ca miña avoa na cocinña mentres ela facía filloas.
10.        O poema máis rítmico de todo o libro foi Xaneiro 1972,II porque a forma en que repite Moraima dalle ritmo o poema e fai que resulte mais doado de ler.

O poema que mais me gustou foi o de Rosalía de Castro de Follas novas( Por que miña almiña?) porque a min os poemas de Rosalia chegame o corazón, cando os leo danme ganas de chorar,rir e sobre toodo de poñerme ao carón daquela xente que xa non está aquí ao meu lado.
E o poema que menos me gustou foi o de Máis que un poema de Cus Pato porque para min esto non é un poema e tamén non lle vexo moito sentido ao que di e non o entendo.


Francisco Rodríguez:


  1. O poema máis divertido de todo o libro foi "Elevar as pálpebras" de Yolanda Castaño (Abecedarios baleiros) porque pareceume moi entretido e orixinal o feito de que cada verso comeze por unha letra do abecedario ata acabalo, o que me facía querer saber como se as inxeniaría para facer un verso con cada letra a medida que ía lendo.
  2. O poema máis atrevido de todo o libro foi "Makinaria" de Carlos Negro (Autopsia), porque pareceme unha forma moi directa de denunciar, na actualidade, o excesivo consumo de drogas nos adolescentes e ensinarlles ,tamen de forma moi directa e contundente as consecuencias dos seus actos.
  3. O poema máis sorprendente de todo o libro foi o de "De catro a catro" de Manuel Antonio (Excelsior) porque, ademais da súa incrible estructura, tendo en conta que é un poema, atrae a calquera. Sorprendeume moitísimo o feito de mesturar varios idiomas.
  4. O poema máis sentimental de todo o libro foi "Follas Novas" de Rosalía de Castro (A un batido, outro batido), porque se poñen os sentimentos a flor de pel e o lector podeos sentir moi ben.
  5. O poema máis misterioso de todo o libro foi " Sucede " de Daniel Salgado, porque no momento que o lin, creou en min un enorme desacougo por non chegar a entender de todo o sentido que se agochaba tras esas palabras.
  6. O poema máis erótico de todo o libro foi "Epiderme" de Lucía Novas( Tríptico), porque o seu lenguaxe é sensual e eu entendo continuas referencias a accións que poderían pasar perfectamente entre unha parella. 
  7. O poema máis amoroso de todo o libro foi " Makinaria" de Carlos Negro (Power Racing Love) porque mostra o amor entre duas persoas onde unha se declara e a outra reacciona coma se o seu corpo semellase un coche.
  8. O poema máis triste de todo o libro foi  "Far West" de Carlos Negro, porque reflicte unha gran verdade que está a pasar hoxe en día que é a violencia de xénenro e que é un tema que non debería acontecer xamais.
  9. O poema máis alegre de todo o libro foi "Follas Novas" de Rosalía de Castro (Xan), porque o contido dunha parella de campo pareceme que teñen un ambiente e unha vida moi alegres a pesares de ter que lidiar cos seus fillos.
  10. O poema máis rítmico de todo o libro foi "Cantiga nova que se chama Riveira" de Álvaro Cunqueiro, porque a medida que o recitaba encontrei nel unha certa musicalidade que me lembrou o ritmo dunha das miñas cancións favoritas.
  11. O poema que máis me gustou de todo o libro foi "Penultimas tendencias" de Carlos Negro porque, ademais de considerarme un fan deste poeta, este poema ten ese punto de denuncia e ese punto de fantasía que a min encantame que o teña un libro, poema ou calqueira relato.
  12. O poema que menos me gustou de todo o libro foi "O son da xordeira" de Antía Otero, porque ademais de non entendelo moio non me atraeu para nada, cousa que si fixeron, máis ou menos, case todos os outros poemas.

Sen comentarios