ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/03/15

O principiño


Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia

"O principiño" a obra escrita por Antoine de Saint-Exupéry pareceume unha peza moi entretida ademáis de divertida e fantástica.
Unha das cousas que máis me gustou deste libro é a forma coa que o autor xoga co realismo e a imaxinación. Un dos exemplos que aparece ao principio da obra é cando o aviador debuxaba unha boa que se acababa de comer un elefante (idealismo) cando a xente realmente o que via era un simple sombreiro (realismo) o cal sorprendeume moito,  xa que tamén se ve o que influe a mente dos nenos, xa que o principiño realmente si que via unha boa cun elefante dentro dela. A parte disto, gustoume moito a sinxeleza do libro e tamén o seu tema, que o principiño fora de planeta en planeta ollando como eran e os habitantes que habían neles foi algo que me encantou , e incluso me sorprendeu moito que a cada planeta se lle atribuíra unha personaxe que tiña unha peculiaridade, un exemplo o rei que vivía so nun planeta e decía ser o rei de todo ou o xeógrafo que só aprendía dos exploradores que chegaban ao seu planeta pero el nunca saía a explorar, entre outras personaxes.
Pero tamén hai cousas que non me gustaron, a principal foi o final que a verdade defraudoume bastante, ademáis de que non o cheguei a entender moi ben, xa que un libro tan sinxelo con un final tan elaborado non é que me chegase a gustar moito, ademáis de que non me entusiasmou demasiado que non soupéramos ao final que foi do principiño. 
A parte diso é unha obra que eu recomendo sobre todo a xente que esté empezando nisto da lectura xa que é unha peza moi sinxela e que se le en moi pouco tempo.

Sen comentarios