ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/03/15

Pel de lobo

Comentario de David González Sampayo


Pel de lobo
Xosé Miranda
Xerais






Esta é a primeira obra que leo de Xosé Miranda e definiríaa co termo "fifty fifty", xa que houbo aspectos que me gustaron bastante e outros que non me gustaron. En concreto, o argumento da novela está bastante ben para o meu gusto, xa que me gustan as historias de acción, aventura e cun chisco de romanticismo, como é este. En cambio, un dos aspectos que  me defraudou foi que, para min, o eixe da novela xira en torno aos lugares e ambientes onde transcorre a acción; e eu creo que o autor debería centrarse máis nos personaxes, e dar unha descrición máis detallada destes. A pesar disto eu recomendaría esta novela porque é fácil de ler e, dentro do que cabe, interesante e intrigante.

Un detalle no que me fixei e me pareceu moi sensato por parte do autor, foi o lugar onde transcorre a acción, no Incio, nas serras lucenses, que son zonas propensas para a caza; onde cada ano se concentran moitos cazadores a cazar.

O título non podía ser máis acertado, xa que está totalmente relacionado cos lobos e cos homes lobo e non vou dar máis detalles sobre os lobishome para non ser "spoiler".

O protagonista, Xosé, foi o personaxe que máis me gustou pola súa valentía para enfrontarse aos lobos, pola gran destreza que posúe cando tes a arma na man e o que máis me gustou foi como cambia de actitude. É dicir, cando está coa arma na man non ten piedade cos lobos e cando está cunha muller mostra o seu lado máis sensible e romántico. Por todos estes datos e características, eu identifícome co personaxe protagonista.

O final é bastante inesperado, pero súper interesante, romántico e divertido, aínda que a medida que vas lendo, vaste imaxinando cal será o remate da historia. O final foi a parte que máis me gustou.

Sen comentarios