ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/03/15

O achado do castro

Comentario de DAvid González Sampayo


O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Sotelo Blanco








Esta foi a primeira obra que lin deste autor, Manuel Núñez Singala, e tamén o segundo libro de teatro que lin neste curso. A verdade esta obra gustoume moito polo feito de combinar comedia con historia, dalgunha maneira, con esta obra captas cultura mentres te ris. A estrutura da obra en si foi do meu agrado, e pareceume moi boa a detallada descrición que se dá, antes de comezar a obra, de cada un dos personaxes, para poder comprendela mellor e enterarte da acción.

Nesta obra trátanse os temas propios da Antiga Roma, como son a avaricia, o aproveitamento dos escravos ou a adoración ao emperador, e todo de forma cómica, algo que soubo representar de maneira excelente.

Unha das cousas que máis me gustou foi a detallada forma en que se redactan as anotación, o cal me sorprendeu, xa que noutros libros de teatro que teño lido as anotacións son moi sinxelas e o autor déixaas algo de lado; en cambio, neste libro, Manuel Núñez consegue crear na túa mente a sensación de estar vendo a obra en directo, nun teatro.

O personaxe que máis me gustou foi Caleno, porque é un personaxe moi torpe que non para de meter a pata, e tamén é moi sensible. Para o meu gusto, el é o personaxe máis gracioso e divertido.

O final foi do meu agrado porque é un final pechado e tamén, porque foi un final feliz, civilizado (cousa rara na Antiga Roma), en definitiva, un final de foron felices e comeron perdices.

Sen comentarios