ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/03/15

O derradeiro irmán

Comentario de Katia Pereira

 

O derradeiro irmán

Nathacha Appanah
Xerais








É un libro difícil de ler polo seu rico vocabulario, pero aparte diso é una lectura fantástica que move ao lector dende as primeiras páxinas mentres descobre feitos históricos descoñecidos; así como a cultura dese paraíso da illa que case todos coñecemos, só polos catálogos de viaxes.
A historia que conta Rag en primeira persoa gustoume pola intriga e o misterio. Para min é un pouco triste, polas mortes da Segunda Guerra Mundial, os xudeus,…
 Eu recomendo este libro ás persoas que lles guste a intriga, misterio, realismo e tristeza. Tamén o recomendo ás persoas que lles gusten as memorias, porque este libro ten dúas partes entrelazadas: a vida de Rag desde que era pequeno (memorias) e a vida actual de Rag.

Sen comentarios