ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/03/15

O Mundo De Ben Lighthart

Comentario de Vanesa Lalín


O Mundo De Ben Lighthart
Jaap Ter Haar
SM




Ao ler o título deste libro imaxinei que ía tratar de alguén que contaría a súa vida, pero nunca pensei que puidese resultar unha historia tan real, onde a un xove coma min, dun segundo para outro, cambioulle a vida para sempre, dunha maneira tan rotunda.
Así o que todo nun primeiro momento, despois do accidente, parecía amargura e oscuridade, co paso dos días foi cambiando pouco a pouco, converténdose nunha loita diaria, moi difícil. Pero para conseguir isto todo eu penso que o logrou grazas á axuda das persoas que tiña cerca, cada unha destas aportoulle unha maneira diferente de ver e entender a vida, co que eu me identificaba en cada momento ao longo da lectura.
     Comprendín que hai moitas maneiras de percibir a vida e as persoas, onde todas son diferentes, pero que todas nos aportan ideas para facernos máis fortes, onde o noso exterior non é importante, o mellor é o que cada un de nos leva dentro, e o importante é poder atopalo.
 

Sen comentarios