ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/03/15

A Pantasma de Canterville e outros contos

Comentario de Paula Vázquez



A Pantasma de Canterville e outros contos
Oscar Wilde
Xerais




Este libro a min gustoume moito, xa que narra unha historia das miñas preferidas, sobre pantasmas e tamén nos fala dos sentimentos. Ao lela e pórse na pel dos persoaxes, hai veces en que ata chegaba a ter certo medo, xa que trata o misterio e o terror, pero por outa parte tamen me rin moito cando se fan trampas uns a outros e levan sustos, porque son as típicas bromas dos rapaces da nosa idade ou dalgúns mais pequenos. É un conto moi real, xa que eu, persoalmente, se me ocorrese iso, eu creríao todo e ata a lenda parece real. Gustaríame ler máis libros coma este, porque mestura temáticas variadas, coma me gustan a min, xa que trata o medo, os sentimentos e tamen che fan pasar un bo rato no que ata podes rir ti soa lendo o libro.

Sen comentarios