ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/03/15

A modelo descalza


Comentario de Anxela Barrio



A modelo descalza
Jordi Sierra I Fabra
Galaxia
 
 

Este libro penso que ata agora foi o que máis me gustou deste curso, debido ao meu gusto polos libros de investigación.
Non teño que dicir nada que cambiaría xa que non hai ningunha parte desta lectura que me desilusionara.
A forma de investigar de Jon, pola súa conta, ao principio pensei que non ía dar resultado xa que el non era nin policía nin detective, pero ao final sorprendeume moito a forma na que consegiu enlazar todos os detalles e dar co final dese asasinato.
Sen dúbida, este libro reflexa como é a vida de alguén famoso, rodeado de paparazzi, con problemas de alcol e drogas ou nun punto extremo o que lle ocorreu a Alexia.
O que non cheguei a entender moi ben é se ao final Jon seguía namorado de Alexia, porque ao deixala ir parece que non pero hai detalles que se dan na historia que dan a parecer o contrario.
Recoméndolle aos alumnos que lean este libro, xa que a pesar de non ser dos máis delgados e ao mellor o título non chame moito a atención, para min é sen dúbida unha historia que te cautiva dende o primeiro instante 

Sen comentarios