ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/04/15

As mil e unha noites

Comentario de Cristina Costela Seara


As mil e unha noites
Vicens Vives
 


“As mil e unha noites” foi o libro máis aburrido que lin ata o momento; opino así porque non foi un libro que me enganchara e que tivera ganas de seguir lendo.
Penso que este libro non tiña fío conductor, porque ás veces aínda non acabara unha historia e xa empezaba outra, iso si, todas estas historias transmitían unha ensinanza.

A actitude do rei non me parecu a axeitada, porque as demais mulleres do reino non tiñan culpa de que a súa muller lle fose infiel. E el cada día casaba con unha e ao día seguinte matábaa. Grazas á astucia de Sahrazad, o rei despois de 1001 noites quedou cativado, non pola súa beleza, senón polos seus coñecementos; facendo así que o rei cambiase de opinión.
A maioría dos contos non me gustaron, porque o tema do que trataban non era do meu interese; aínda así houbo algúns que me gustaron, como Aladino e a lámpada máxica, Alí Baba e os corenta ladróns e por último As mil e unha noites de Sahrazad.

Sen comentarios