ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/04/15

A Visita do inspector

Comentario de Adrián Mato



J. B. Priestley
A Visita do inspector
Vicens Vives





Penso que é un libro moi interesante que engancha de contado ao seu lector, principalmente porque queres saber que relación ten cada un dos personaxes coa falecida, o bo da historia e que xa dende un comezo ti podes sobreentender que todos teñen algo que ver con esa morte, por iso, tes ganas de que vaia un por un despachando todo o que sabe  e facendo falar aos culpables.
Ao meu parecer é unha historia completa que te fai rir nalgunhas situacións e chorar noutras, mestura varias historias e remata por xuntalas todas aínda que ao final xa non sabes se foi casualidade e non se trata da mesma persoa, ou pola contra, por culpa da necidade desa familia unha rapaza suicidouse. Sexa como fose ao final unha rapaza acaba morta e un inspector, esta vez de verdade,  vailles facer unha visita a aquela humilde familia. O que me pareceu máis interesante nesta novela é a capacidade que teñen os rapaces de asumir o que fixeron e sentirse mal por facelo. Os pais, pola contra, non asumen a súa parte da culpa e só lles preocupa o feito de que iso saia a luz e  perdan a  reputación que tanto lles custou gañar.

Sen comentarios