ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/04/15

A punta de pistola

Comentario de Alberto Blanco Iglesias

 
A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais


O libro A punta de pistola de Fran Alonso foi un libro sorprendente porque  ten moito ritmo, acción e rapidez. Desde un principio consegue enganchar ao lector. Hai escenas que lembran a algunha  película de acción.
Cóntanse dúas historias que se alternan no libro e que aparentemente non teñen nada en común, pero ao final da historia entrecrúzanse.
A primeira historia ten como protagonistas a Rica e o Varas, que secuestran aos seus fillos, Rixie e Pixie, dun centro de acollida e realizan unha fuxida sen destino fixo, chea de persecucións, acción e perigo.
A segunda historia ten como protagonista a unha moza camioneira e dona dunha empresa de peixe. Esta muller sempre fala de Celia Rivas, a primeira camioneira de España, a quen ten como ídolo.
O que resulta emocionante da novela é descubrir como as dúas historias paralelas se relacionan entre si ao final. Converténdose nunha única historia.
A miña opinión persoal sobre A punta de pistola  é que se trata dun libro con moita acción, ritmo e perigo que facilita que o lector se enganche.
Como aspecto negativo eu destacaría o final demasiado aberto que deixa ao lector intrigado e insatisfeito.

Sen comentarios