ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/04/15

A praia dos afogados

Comentario de Raquel García


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia






Este é un libro que te cativa dende que comezas a lelo xa que de primeiras che din o que vai ser o feito importante de todo a historia e dende aí xa te deixa coa curiosidade de saber que pasará. Os personaxes principais deste libro son xeniais xa que os dous se complementan, Leo Caldas é un home coidadoso, pouco impulsivo pero Rafa é unha persoa que fai as cousas sen pensar e que é bastante impulsivo.
 Segundo empezas a ler ves como o feito principal que é un asasinato dun home comeza a evolucionar coas pistas, cos especulacións pero de repente todos os feitos se viran e os dous inspectores non teñen nada e teñen que empezar a investigación dende o punto de partida. Unhas das cualidades de Leo Caldas que máis me gustou foi a súa insistencia que ten por resolver o caso e averiguar os feitos e a súa imaxinación coa que dunha simple suposición pode construír os feitos tal e como sucederon, tamén que cando traballe se centre totalmente niso xa que neste libro tamén ten máis cousas coas que perder a cabeza.
 En definitiva, este libro eu recomendaríao xa que pese a que o seu tamaño impón cando comezas a ler a historia e che van contando algúns feitos pasan as páxinas sen darte de conta.

Sen comentarios