ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/03/15

O centro do labirinto

Comentario de Miguel González Taboada


O centro do labirinto
Agustín Fernández Paz
Xerais





Este libro gustoume moito, pero  hai un punto no que se volve moi previsible. A acción está ambientada nunha época futurista  e iso , polo menos para min, é un acerto; nel está moi ben descrita unha das posibilidades que pode tomar a humanidade. Este libro de Agustín Fernández Paz é un gran texto que trata sobre a evolución humana, a emigración, as traizóns e o namoramento.
É unha verdadeira pena que Agustín non pensara facer un falso atentado contra Walter para que non se sospeitara del, así  duraría máis o libro, ademais despois de que  fixeran o atentado contra Sara é non facer outro antes contra o amigo  o libro volveuse moi predicible, pero a pesar deste pequeno erro o libro é moi bo.
Gustoume que houbera tres narradores diferentes en primeira persoa, pero o que de verdade me chocou  ao acabar o libro foi a transformación de carácter que sufriu David desde que coñeceu a Brenda.
Este libro está cheo de imprevistos e reviravoltas ata que, coma xa dixen antes, realizan un atentado contra vida de Sara; despois deste suceso estás tan metido no libro que só queres saber como acaba.
Eu persoalmente recoméndoo, porque e moi interesante, fácil de ler e ensínache cousas da cultura galega.

Sen comentarios