ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/03/15

Harry Potter e as Reliquias da Morte

Comentario de Anxo Gil


Harry Potter e as Reliquias da Morte
Rowling, J. K.
Galaxia




Un dos meus libros favoritos, rompe coa monotonía que se repetía en anteriores partes da serie, pois Harry debe abandonar todo canto quería para afrontar unha misión imposible, atopar as partes divididas de Lord Voldemort. O peche final da historia remata, tras moitos anos esperando, coa loita final entre ambos os bandos. A literatura en galego, pese a gustarme, non me termina de gustar en Harry Potter, pois mostra un lado negativo do galego, poñendo expresións vulgares do galego, ademais de que os nomes ingleses son traducidos literalmente ao galego, facéndoos ridículos. Aínda así, a historia segue sendo a mesma, e seguirá facéndome imaxinar mundos fantasiosos, onde todo é posíbel.

Sen comentarios