ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/03/15

A punta de pistola

Comentario de Miguel Oro Vence


A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais





A punta de pistola empeza ca historia do Varas e a súa muller, Rica. Van a un centro de acollida familiar para ver aos seus fillos, baixo a tutela das fianzas sociais. Una vez alí levan os secuestrados a punta de pistola.
Conta a novela mellor temas que agolpan as nosas vidas na actualidade dende a desestruturación familiar, o papel da muller, que podemos observar no papel da camioneira culta que escribe un blog  e que conduce un camión.
É dicir hai dúas historias por una veira o secuestro e a fuga dos pais cos seus fillos e a cultura da camioneira nova, emprendedora,  culta, licenciada, que ten éxito ao tempo que conduce.
Nun momento determinado as historias converxen sorprendentemente.
Pero o mellor da novela para min é a temática: o maltrato infantil, o consumismo, os centros comerciais como catedrais deste consumismo que nos envolve e no papel que ten a muller en certas profesións que seguen a ser (cousas de homes).
 

Sen comentarios