ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/03/15

O achado do castro

Comentario de Francisco Rodríguez


O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Sotelo Blanco








Segundo libro que leo de Manuel Núñez Singala e segundo libro que non me defrauda, senón todo o contrario, xa que me produce unhas gañas enormes de ir polo "hat trick".

Trátase dunha obra teatral de xénero cómico,  con dúas historias que se desenvolven alternativamente nun mesmo escenario.
As historias están ambientadas na época dos romanos, sendo o César un dos protagonistas principais. Por un lado están os ladróns que pensan en facerse co poder de Roma e para iso maquinan un absurdo plan para roubarlle o medallón ó Cesar o que demostra a ambición e por outro lado, está a historia de amor "imposible" de entrada, entre a filla do César, chamada Carmiñae,  e o fillo da comerciante mais rica de Roma, Arpexia, que lle din Manolitus. Cuns escenarios moi sinxelos e coa moi apropiada axuda dun presentador, vanse sucedendo e alternando as historias dun xeito totalmente cómico, con diálogos moi divertidos e cercanos á idade actual, mesturados e sumerxidos no ambiente de esa época, onde o César facía e desfacía ó seu antollo.
É unha obra de moi doada lectura, onde non custa imaxinar ou visualizar os personaxes, medio tontos coma os ladróns ou medio alelados coma os amantes que loitan polo seu amor ata o final. Tamén os nomes dos personaxes son moi orixinais e divertidos.
Considéroa unha obra de teatro moi axeitada para representar nun festival do instituto.

Sen comentarios