ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/03/15

Comedia bífida


Comentario de Francisco Rodríguez


Comedia bífida
Manuel Núñez Singala
Galaxia




Cando collín este libro, sinceramente, no único que pensei foi en que ía devolvelo axiña, por non espertar en min esa interese que buscaba nun libro optativo. Mais non foi así. Debo admitir que o título tampouco me axudou a empezar a lelo con máis gañas, pero deille un voto de confianza e comecei a miña inmersión nel. E NON ME DEFRAUDOU!!!!!

A estrutura teatral foi a primeira sorpresa que levei e, aínda non moi acostumado a ler este tipo de xénero, resultoume moi doado de entender e gozar dende as primeiras liñas ata o punto final. A característica que máis me axudou a mergullarme na acción foi o gran toque de humor que ten este libro e que nalgúns momentos fíxome esmadrallarme de risa.
A trama pareceume do máis orixinal e fantástica, onde o tema do xuízo final a uns personaxes un tanto peculiares, o Arcanxo en comisión de servizos ou as falsas chamadas de Deus que atende San Pedro, son momentos fantásticos que endexamais lera.

 Outro momento que me pareceu moi interesante foi a especie de crítica que se fai sobre os típicos pais que ven ó seu fllo o mellor de todos e que parece que lles custa verlle os fallos que ás veces son evidentes.

En canto ós personaxes, pereceume que houbo un que sobresaíu ante os outros, o personaxe de Lina e Lana, que aínda sendo siamesas e polo tanto coma unha soa persoa, tiñan uns gustos totalmente distintos xa que unha naceu na Coruña e a outra en Vigo (cousa incrible que fora posible grazas ás complicación que houbera no parto), unha era fan do Depor e a outra do Celta, ou se unha era do Barcelona a outra era do Madrid.
Esta obra ten un final inesperado e divertido, onde a reacción e excusa de San Pedro á inevitable bronca de Deus foi do máis enxeñosa.

En definitiva, que o libro encantoume e que grazas a el penso volver ler algún libro de teatro xa que este deixoume un moi bo sabor de boca.

Sen comentarios