ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/03/15

A punta de pistola

Comentario de Francisco Rodríguez

 
A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais




"A punta de pistola"  tiña moitas expectativas para min, quizais demasiadas, e ó fin quedouse coma un libro dos que falan moi ben pero que non me acabou de convencer de todo. Aínda así, pareceume moi interesante o tema de dúas historietas paralelas, sen, a priori, ningunha relación  pero recíprocas entre si. Dúas historias de temas moi diferentes....
Na primerira "historia " pareceume que Varas era un home con tan pouca personalidade coma unha pedra xa que,tanto se quere parecer ó Gadafi ese que ata chega a pensar e actuar como o faría o seu "heroe"; mais o motivo do meu pensar é o feito de, ao non ter recursos para ter unha pistola de ouro coma a de Gadafi, Varas pintou a súa con pintura de esa mesma cor, ou o feito de que case mata os nenos, a muller e a el mesmo polo que Gadafi dixo que antes de que o apresasen prefería estar morto, o que demostra o que penso eu ao poñer en perigo a súa vida polo simple motivo dunhas palabras que dixo naquel momento o ditador. Por outro lado, encantáronme os dous irmáns Pixie e Dixie, especialmente Pixie por ter unha actitude moi parecida á miña, é dicir, sempre pensando no que vai facer despois, non podendo estar quedo o que algunha vez pode pasar factura.
A outra historieta pareceme máis sentimental (polo tema da filla de Rica e de Lolo) pero menos aventureira ca outra. De todas formas, pareceume unha historia moi axeitada para reinvindicar a igualdade da muller xa que, neste caso, está moi ben que Camila siga os pasos de Celia Rivas, persoa que debería ser unha referncia para moita xente  por romper coa desigualdade de xéneros e decidir desenvolver un traballo que parece que só puidesen facer os homes. Camila coas súas accións intenta reinvindicar  o seu obxectivo.
En definitiva, un libro con dúas caras moi distintas que se necesitan entre si para chegar a un fin independiente.
 

Sen comentarios