ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/02/15

Unha estrela no vento

Comentario de María Rodríguez González



Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais
 
 
O libro “unha estrela no vento” de Ledicia Costas fala do día a día dun rapaz de 17 anos, chamado Miguel Foz.
Conta cando un día  saíu da Lagoa, o bar onde ían case todos os días os amigos e mais el, apareceron uns rapaces que lle deron unha malleira. El estivo nun hospital e despois pouco a pouco íase recuperando. A xente animábao e apoiábao.
Fala da súa familia, da profesora de literatura e tamén dunha rapaza que coñece na Lagoa e que é moi especial para el.
El é un rapaz moi distinto aos demais, pois está no seu mundo e ás veces, quere illarse un pouco do planeta. Pese aos sucesos que transcorren neste libro, Miguel segue adiante  e quere axudar á súa nai en todo o posible.
O personaxe que máis me gustou foi Abel, pola forma de ver a vida e pese a enfermidade que ten, axudou moito a Miguel. O que menos me gustou foi o Maqui, xa que traizoou aos seus amigos no último momento.
Neste libro aprendín moitas cousas, pero unha delas é que non hai que confiar en todas as persoas, porque ás veces, ata a máis cercana te pode traizoar.
Este libro gustoume moito aínda que é triste.

Sen comentarios