ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/02/15

A illa de todas as illas

Comentario de Vanesa Lalín


A illa de todas as illas 
Xabier Docampo
Xerais



Este libro chamoume a atención polo seu título, xa que a min  gústame ler cousas que tratan de illas .
             Con só comezar a ler o conto decateime de que ía tratar dun libro de aventuras, que con cada folla que lía se facía máis interesante, que pouco a pouco foi aparecendo unha mestura de realidade e fantasía sempre no  medio  dunha gran intriga, que a min ás veces parecía que me daba algo de medo, pero á vez non podía deixar de ler .
            Por outro lado identificarme cos rapaces da historia foi algo moi fácil, xa que eu se chego a ter que andar sen rumbo, nun lugar descoñecido e con tanta néboa pasaríame o mesmo ou moito peor. Penso que chegaría a ver  de todo, aínda que no fondo tampouco daría diferenciado entre o real e o imaxinario.
            Tamén comprendín que ás veces non chegas a saber certas cousas dos amigos ata que vives con eles situacións límites, como foi no caso dos nenos que acabaron sendo moito máis amigos e fortes coidándose entre si.
            Por outro lado as ilustracións do libro non  tiñan moita cor, pero concordaban moi ben coa historia que se estaba a contar.
            Como conclusión final penso que co valor da amizade todo pode ser posible .

Sen comentarios