ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/02/15

Todos somos

Comentario de Telmo García Castro  


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais






Este libro foi una novela que me fixo reflexionar sobre dous aspectos. O primeiro foi  a distorsión da información ao pasar  por algúns  medios de comunicación que fan calquera cousa por gañar audiencia.  A personaxe de Belén Soliño  é un bo exemplo disto. O segundo foi a importancia dos traumas que ás veces sufrimos na vida e como logo non os damos superado como lle pasou á policía Adelina Souto.

Unha parte do libro que non acaba de convencerme foi o final aberto que ten aínda que se intúe que o desenlace vai ser tráxico. O certo é que eu esperaba ter máis información sobre Natalia, como eran os seus gustos ou por que desapareceu e se a secuestrara alguén ou marchara pola súa propia conta. Durante toda a narración ti esperas que se dea unha pista sobre Natalia ou algunha información sobre ela, pero en realidade este libro conta outras historias ocultas que se van revelando pouco a pouco. Esta trama a min persoalmente así montada non me resulta convincente, pero é unha opción.

O que me levo desta novela son as dúas reflexions das que falei antes. Aí sí que a novela gustoume.

Sen comentarios