ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/02/15

Penúltimas tendencias

Comentario de Alberte Payo


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
Esta obra de Carlos Negro está escrita dun xeito moi diferente ao que estou acostumado a ler, pois describe diversas situacións escritas nun poemario,  postas en boca dunha adolescente de maneira breve, concisa e moi clara nalgunhas cousas e noutras moi enrevesada.
Unha moza que fala en primeira persoa sobre os estereotipos que hai na nosa sociedade como a moda, beleza, amor…  ou incluso o xeito como fala cada persoa.  Ela é unha rapaza rebelde; pero sabe moi ben no mundo que vive e o que ten que facer para ser ela mesma. Loita a súa maneira por un universo de mozas libres.
A mín especialmente este libro pareceume entretido, pero como dixen antes, está escrito dun xeito moi especial , que non enlaza cada situación coa  seguinte,  polo que se fai un pouco complexo entender algúns  comentarios.
 

Sen comentarios