ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/02/15

Reo

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 



Esta obra escrita por Xesús Fraga pareceume, na miña opinión, un dos mellores libros que lin no que vai de curso.
Esta peza deume a sensación de ser moi curta, e con isto non quero dicir que teña poucas páxinas ou que non me gustase, ao contrario, fíxoseme curta grazas á súa historia. Sentinme bastante identificado con Reo ou coa persona que así se fai chamar, e non é porque me guste o gaffiti, senón porque as situacións ás que se enfronta son moi comúns doas que están sucedendo hoxe en día entre os mozos.
Unha das cousas que máis me gustou do libro foi o ben que están interpretadas as vidas de cada personaxe, e o tema do whatsapp, xa que en moitas obras actuais non empregan as novas tecnoloxías e é algo que en moitas bótase en falta.
Pero neste libro no só hai cousas que me gustasen tamén hai cousas que non, unha delas é a falta de complexidade que se dá nalgunhas partes. O final disgustoume bastante e é algo que non me chegou, ademais de que eu non son moito de finais abertos. Gustaríame saber como acabou esa bonita "historia de amor" entre Reo e Cora, que foi dos amigos de Reo, se Rai e Sen chegaron a ser moi populares ou non, etc.
A parte diso, eu recomendo ler este libro xa que a súa historia paréceme moi boa, ademais de ser un libro moi sinxelo de ler e que seguro o rematarás sen darte conta.

1 comentario:

Tomás Viana dixo...

Definitivamente o libro gustoume moito porque deixa un final aberto e intrígame se poderá vivir grazas ao graffiti e qué lle sucederá no futuro a ese rapaz.