ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/02/15

Reo

Comentario de Francisco Javier Rivas Santomé


Reo
Xesús Fraga
Galaxia


Descubrín a vida dun rapaz de case da nosa idade (17 Anos), que pensa, vive, ten sentimentos;  nela aparecen a droga, a diversión, os membros da A - 100, a crise... etc.
A temática é unha crítica duns membros da sociedade, considerados vándalos, que pintan nos muros, e teñen o seu propio modelo de vida.
Reo debuxa ben, xa o seu avó facía carteis para o Cine, pero el non os asinaba, como si fai Reo, e á súa vez, o avó aconsellábao.
Para Reo os seus Grafitis son Obras de Arte, e neles debuxa o que a el lle importa.
Gústame que o final da Historia sexa aberto, para que nós os lectores poidamos poñerllo, iso si, inventado por cada un de nós.

2 comentarios:

daniel gavieiro suco dixo...

A min persoalmente non me gustou como empezaba nos primeiros capítulos porque era un pouco liante, pero a partir do capítulo tres comezoume a gustar. A min o personaxe que máis me gustou foi o de Reo xa que ten unha personalidade que non a ten case ninguén. Para min e un libro que merece a pena ler, aínda que ao principio sexa moi aburrido.

Adrián Matanzas Barros dixo...

Este libro gustoume moito pola vida que leva o protagonista, un adolescente rebelde apasionado polos debuxos. O libro foi interesante e achegounos unha gran lección sobre a vida que debemos ter e non a dun rebelde que loita contra o sistema.