ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/02/15

Reo

Comentario de Telmo García

Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
A novela de Reo conta unha historia que me gustou. A trama é entretida cunha temática que se me fixo cercana. Non sabía case nada do mundo do grafitti e grazas a este obra coñecín moitos termos da xerga dos “escritores”.

As personaxes da narración están na miña opinión moi ben debuxadas, dende a doce e valente Cora ata o Chagui, un rapaz de vida malgastada.

A obra ten historia de amor, intriga policial cos tropezóns de Reo coa lei, crítica social e familiar e moitas outros aspectos que a fan interesante e variada. Gustoume como reflexa a importancia de ter bos amigos e de ter quen confíe nos teus soños e te apoie. O avó do protagonista e o seu profe de Arte representan a necesidade que todos temos de alguén que nos axude e anime.

A novela ten unha mensaxe positiva: persigue os teus soños,  e aínda que o final resultoume algo raro e non acaba de gustarme (pois para nada imaxinei que lle acontecese iso a Chagui  e que o inimigo graffiteiro, Oni, ao mellor foi unha alucinación de Reo) a verdade é que recomendo lela porque é unha obra que che deixa un bo sabor de boca.

Sen comentarios