ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/02/15

Reo

Comentario de Cristian Domínguez Vázquez


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
  
 
 
Reo é un libro que ao principio parecía algo aburrido pero co paso dos capítulos empezoume a gustar; se cadra porque a Reo lle pasan cousas que se poden comparar coa vida real. Os nosos pais secadra non nos deixan ter afeccións que para eles son descoñecidas ou non lles gustan polo simple motivo de que non nos metamos en problemas. 
O transcurso da historia engancha cando a Reo o atrapa a policía por primeira vez. O libro fálanos tamén dos problemas da droga ao consumir en exceso e ponnos de exemplo a Changui. O que si, o final gústame porque déixate coa dúbida de quen é Oni, que pasa con Cora e Reo, déixanos que utilicemos a nosa imaxinación. O que si personaxes como o pai, o avó e Nico poderían aparecer algo máis na historia.
En resumo, o libro poderíao recomendar ler aos meus coñecidos porque a min gústame e relaciona cousas coa vida real.

1 comentario:

Daniel Lamas Villanueva dixo...

Para mín este libro sería coma outro calquera pero non me gustou moito xa que ata a
metade sólo falaba da vida de Reo mais dos Grafitis.

Pero outra cousa que me gustou moito foi que en diversos momentos o autor deixa ao lector con esas ganas de saber o que pasa nese momento e interésa saber o que pasa.

O final deste conto é un final aberto polo que a mín encántoume xa que che deixa intriga polo que vai pasar despois.