ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/02/15

Gárgola

Comentario de Vanesa Lalín


Gárgola
Carlos Vila Sexto
Galaxia



"Gárgola", un nome que con só lelo, case me da un calafrío, pero á vez resúltame atractivo.
     Este libro está cheo dun gran misterio para min, onde parece que se mestura a realidade con fenómenos, non sei se sobrenaturais, pero si, inexplicables.
      No momento que empecei a ler comprendín que calquera rapaz se podería identificar co protagonista, xa que todos temos soños que en certos momentos nos aterran, pero no libro vai máis alá, xa que todos eses soños non só parecen soños senón que se converten en situacións reais que levan ao protagonista a situacións moi extremas, moi difíciles de explicar e comprender para calquera rapaz.
     Durante o tempo que lin o libro tiven sempre unha gran tensión, non me podía imaxinar o que ía sucedendo, dábame como terror, pero unha gran ansia por saber o que pasaba.
     O seu fin resultoume por un lado real e por outro incrible, non sei se era o que eu esperaba, pero comprendín que o cariño que teñen os pais e os fillos faise máis forte nesas situacións limites. 

Sen comentarios