ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/02/15

Recinto gris

Comentario de Adrián Mato


Recinto Gris
Ledicia Costas
Xerais


 Pode que este libro de Ledicia Costas quixera reflectir unha realidade que  viviron os nosos antepasados, penso que o libro vén inspirado na guerra civil de España. Aínda que tamén pode que erre e a autora non queira facer referencia a iso, mais nese caso o libro segue a ter semellanza con esa fase da historia de España na que se deron moitos “paseos”.
  Esta crónica namoroume pouco a pouco, penso que cativou a todos, a pequena Nube, pero en especial o albino que chegou a amala, coa palabra amor non me refiro a que se namoraran, non,   nin moito menos, refírome a tal cariño que Mum estaba  disposto a morrer con tal de que a meniña Alma continuara viva, tal amor que foi quen de salvar a Mum dándolle ás para voar, escapar do recinto e fuxir xunto cos demais.
  Isto, que xa contei,  non forma máis que unha pequena parte do que o libro é, posúe amizade, unión nos momentos difíciles para escapar do recinto e sobre todo de superación. Laméntome das penurias que tiveron que pasar. Porque ás veces eu abrigado teño frío e sobre todo láiome de que lle quixeran roubar a identidade. Non podo dicir máis nada senón positivo e recomendo lelo.

Sen comentarios