ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/02/15

Reo

Comentario de Andrea Rodríguez Dobarro


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
Este libro ten argumento e é moi levadeiro para ler. Nalgunhas partes quizais se estenda máis do que debería, ainda que é moi interesante e o recomendo a todo o público xuvenil , posto que o seu autor fixo un gran traballo.
Os personaxes son realmente auténticos e moi ben adecuados para a historia. Teñen moita personalidade e son excepcionais.
En cambio, non me importaria que a linguaxe fose un tanto máis complexa nalgúns intres do relato para darlle un chisco de personalidade ao texto.
O ambiente en todo momento está ben situado e as accións dos personaxes concordan totalmente.

2 comentarios:

Martín Lamas Villanueva dixo...

A min sempre me gustaron graffitis,ainda que nunca tiven a oportunidade de coñecer a ningun graffiteiro, e a súa mala fama pareceme inxusta. Este libro transmiteume moitas cousas , as inxustizas que hai con respecto a eles, que para min non fan nada malo. Pero sobre todo o valor da amistad e a importancia da comunicacion coa familia e como poden cambiar as cousas se se falan abertamente.

BRAIS LALÍN SILVA dixo...

A miña opinión persoal sobre o libro é que me gustou porque trata dun tema da xente nova, escrito especialmente para esta xente. Eu opino que que o graffiti é unha forma de expresión válida coma outro tipo de arte, pero creo que deberían darlle facilidades para poder pintar, e que non teñan que andar escondidos para facelo. Tamén que os graffiteiros deberían respectar os espazos públicos ou privados sen pintar en calquer lugar.