ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/02/15

Raquel

Comentario de Katia Pereira


Raquel
Isabel-Clara Simó
Xerais




Este libro está dirixido a rapaces da idade adolescente; é quizais por iso que en moitas ocasións fíxome sentir que a autora se refería á miña vida polo nome de Raquel.
Unha das escenas nas que máis me identifiquei coa protagonista, foi cando morreu a súa amiga Montse. Non porque me morrese algunha amiga miña, senón porque hai moitas formas de morrer, como marcha. Por iso, mentres lía as reflexións de Raquel, tras a morte da súa mellor amiga, recordei a unha amiga que marchou e coa que agora apenas manteño contacto; e notei esa sensación que deixa alguén cando marcha.
Na miña opinión, un bo libro é aquel que enche a alma do lector e consegue dalgún xeito deixar pegada nel. E este libro a min fíxome ver que por moito que intente aceptar a marcha de alguén sempre quedará ese pequeno sentimento interno provocado por esa ausencia.
Outro dos grandes sentimentos que me provocou o libro foi o de identificación. Sobre todo un momento do diario que me sorprendeu, foi cando Oriana fala con Raquel da vida despois do instituto. E pareceume importante porque sempre se dí que cando somos mozos tendemos a querer medrar á présa. Sentín que pode que sexa certo pero tamén sentimos un medo difícil de explicar cara ao que poida suceder unha vez que entremos no mundo adulto. Por iso, cando Oriana fala con Raquel e Raquel pensa que non é tan madura como pensaba, púxenme a pensar en como recoñecerei cando estea preparada para terminar de "medrar".
Finalmente este libro pareceume un gran libro porque me marcou.

Sen comentarios