ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/02/15

Durmido sobre os espellos

Comentario de Julia Cacheda

 
Durmido sobre os espellos
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia



Gustoume moito.
  É un libro que aconsello que lean todos os rapaces, trata da época de Franco, do machismo, de como un cargo superior pode abusar dunha rapaza...
  Tamén te mete por completo na historia de Cuba; en como o "Che" Guevera e Fidel Castro gañan a guerra é un dos temas principais e do bloqueo que sufriu o país e as súas consecuencias; o empobrecemento da poboación, as jineteras, os turistas en busca de sexo barato...
  Para min Diego é un exemplo a seguir, completamente intrépido, sen plantexarse as cousas dúas veces, e a súa curiosidade pola doce historia dos seus avós, o que lles ocorreu... Levouno ao seu propio amor.
  O personaxe que máis me gustou foi o de Noelia, unha gran muller loitadora que logrou sacar aos seus fillos adiante despois de todo o que lle pasou. Sorprendeume que cando Diego chegou de Cuba non quixese saber do seu namorado pero no fondo compréndoa.
  O único que non me parece normal e a vida sexual do avó de Diego, xoga cas mulleres, e a min paréceme que se estás tolamente namorado dunha e lle mandas cartas de amor non te deitas con outras... Pero esa é a miña opinión.
  É un libro con moito sabor cultural, romance, machismo e mantén a intriga ata o final.

Sen comentarios