ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/02/15

O inferno de Marta

Comentario de Jennifer Rodríguez García


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 


Pareceume unha novela moi realista. Explica todo o sufrimento que pasou Marta dende que empeza a saír con Héctor. Expresa tamén o machismo de moitos homes cara ás mulleres.
 Gustoume moito o carácter de Carme e Xulia en toda a novela, porque sempre tratan de defender a Ana e darlle consellos coma ´ Ten coidado ´ e cousas así.
 Este libro recomendaríallo ler a todas as adolescentes para que saiban o perigo da xente violenta e que só quere utilizalas.
 Por desgraza, este libro está lonxe de ser ficción, transmite unha realidade abondo cotiá: mulleres abusadas, humilladas, torturadas e mesmo asasinadas. 

Sen comentarios