ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/02/15

Cando Hitler roubou o coello rosa

Comentario de Jennifer Rodríguez García 


Cando Hitler roubou o coello rosa 
Judith Kerr
Alfaguara





Gustoume moito o libro, ainda que ao principio non entendía moi ben o título. Pensei que ía ser un libro un pouco infantil para explicarlle aos rapaces máis novos un pouco a historia de Hitler. 
 Sentinme identificada coas pelexas que tiñan Ana e Max, porque eu moitas veces discuto cos meus irmáns por tonterías, pero despois arranxámolo.
Gustoume o carácter de Madamme Fernand en todo o libro; é unha persoa moi aberta e foi moi boa con Ana e coa súa nai, xa que cando non tiñan moitos cartos, ela coseulle un vestido e un abrigo verde, que era o que ela quería.
Este libro recomendaríallo ler á xente que lle interese saber como era Hitler; a min non me gusta como era coas persoas, gústame saber o que facía e comparalo co que estamos vivindo agora.
 

Sen comentarios