ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/02/15

O diario violeta de Carlota


Comentario de Carla González Silva


O diario violeta de Carlota
Gemma Lienas
Galaxia
 


O diario violeta de Carlota fascinoume; nesta historia Carlota recibe da súa avoa como agasallo un diario, nel irá escribindo día a día situacións de desigualdade. A avoa ensinoulle durante a historia casos nos que se poden comprobar perfectamente situacións  horribles.
Gustoume moito a personalidade de Carlota  e a súa actitude a hora de preguntarlle aos veciños, familiares e coñecidos que opinaban do machismo ou se pensaban que se aínda segue a haber situacións machistas.
Grazas a este libro tamén me decatei das palabras que no galego teñen a mesma forma para ambos sexos, e o xeito que teñen as persoas a hora de empregalas.
O que máis me encantou de toda esta historia foron as cartas que á avoa lle mandaba a Carlota e que nelas se apreciaban situacións da vida moi tristes.
Recoméndollo a todos as persoas para que saiban apreciar unha vivenza de machismo e para que desfruten dunha boa historia como o é esta.

Sen comentarios