ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/02/15

Chamando ás portas do ceo


Comentario de Cristina Costela Seara


Chamando ás portas do ceo
Jordi Sierra i Fabra
Edebé




“Chamando ás portas do ceo” foi un libro que comecei a ler de forma inesperada, pero unha vez que lin a primeira páxina non fun quen de soltalo ata rematalo. É un libro deses que te chegan ao corazón e deixan pegada.



         Por unha parte mostra a valentía de Silvia, xa que con tan só 19 anos decide ir á India, a pesar de que o seu pai non quere e non lle parece ben o que fai. Ela non se resiste e marcha.



         Eu non sei se sería capaz de pasar por todas as situacións que pasou Silvia, como por exemplo, a morte de Sahira. A min chegoume e provocoume tristeza, era como se eu a coñecese de toda a vida, se me pasara a min non creo que fose capaz de seguir alí.



         Penso que todo o mundo, debería pensar igual que Silvia, en salvar o mundo e axudar aos demais, porque nós temos sorte de nacer aquí, onde temos todas as comodidades, e aínda así non nos conformamos, mentres que outros non teñen nada e sen embargo, confórmanse con  pouco.



         Leo, nun primeiro momento, non aceptou a Silvia, tan só por ser guapa e tamén polo que lle pasara coa súa noiva, pero acabaron sendo amigos a pesar de ter culturas distintas, idioma...



         Nalgunhas partes do libro, Viji, transmitoume tristeza, porque como era coxa, ninguén quixo casar con ela, a pesar de que os matrimonios alí eran pactados. Sempre xulgando e discriminando polo físico! E sen embargo era unha rapaza cun gran corazón, que sempre intentaba axudar aos demais.



         Creo que a India é unha boa experiencia para Silvia porque está alí soa e tense que valer por si mesma, aínda que Elisabeth e Giner, cos que fixo de Celestina, a trataban como unha filla. E tamén con Leo e Mahendra, cos que trabou unha boa amizade, que perdurará, porque como din a India é a India.



         A actitude de Silvia pareceume a axeitada sempre intentando facer o mellor, colaborando, defendendo o RHT e axudando como fixo coa nena ao adoptala, esa foi a parte que máis me gustou.



         O final sorprendeume, esperaba que xurdira o amor entre Leo e Silvia, pero non foi así.



         É un libro cheo de maxia e que te enche de emocións.

Sen comentarios