ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/02/15

Soidades de Ana

Comentario de Julia Cacheda Couto


Soidades de Ana
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia




O libro de "Soidades de Ana" de Jordi Sierra i Fabra pareceume excepcional, igual que a súa outra obra "A modelo ante o espello".
   Eu creo que esta obra é unha clara denuncia para a xente que no século vinte e un aínda leva unha cortina diante dos ollos, que pensa que por non venderlle un preservativo a un rapaz ou non axudar a unha nena están facendo o que deben, e por cousas así seguro que hai moitas Anas.
   A conduta de Vitoria pareceme impecable, na miña perspectiva foi a única que mostrou interese polo que lle sucedera á súa irmá en realidade.
   Por outra parte a súa ansia por non facer o que se esperaba dela, que non conseguirán facer cambiar a súa forma de pensar sobre o barrio no que vivía, no que todo era monótono, e moitos temas tabú, paréceme un exemplo a seguir.
  O que maís me gustou foi o final que me pareceu totalmente inesperado e satisfactorio.
 

1 comentario:

Tania Areán dixo...

Este libro cando o empecei a ler pensei que non me gustaria porque empezaba coa morte dunha rapaza e pareceme moi triste pero cada dia que pasaba lendoo entrabanme mais gañas de seguir porque e intrigante e trata sobre temas moi comuns na adolescencia como quedar embarazada etc... lendo este libro aprendin moitas cousas importantes para a vida e para todo. Pola miña parte recomendariallo a moita xente xa que che "axuda" en distintas ocasións, en verdade, gustoume moito este libro.