ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/01/15

Soidades de Ana

Comentario de Cristina Costela Seara


Soidades de Ana
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia




 “Soidades de Ana” paréceme un libro moi bo para a xente da miña idade, porque o que lle pasou a Ana pódenos pasar a calquera de nós e fainos reflexionar sobre a precaución e o coidado que hai que ter ao manter relacións sexuais.
Trátase dun libro moi realista, que denuncia a situación de illamento na que se atopan a maioría das adolescentes que sofren un embarazo non desexado. O que lle pasou a Ana pódelle pasar a calquera adolescente. Polo tanto é un libro que lle recomendo tanto aos pais como aos fillos. Aos pais, recoméndollo para que entendan máis aos seus fillos e falen con eles sobre este tema e que entendan que “prohibición” non é sinónimo de protección. E aos fillos para que sexan responsables e teñan coidado coas cousas que fan.  
Por outra banda, unha vez que estás embarazada e queres abortar creo que o mellor sería falalo cos teus pais (eles son e serán, sempre, os que mellores consellos poden dar) e non facelo ás agochadas como fixo Ana,  neste caso.
A actitude de Vitoria cos seus pais non me pareceu a apropiada porque eles estaban pasando por un mal momento, igual ca ela coa perda da súa filla e irmá. E aínda que a nai quixese que se quedara, ela podíalle explicar as cousas sen berrarlle. Con isto só consegue que se poña peor do que xa está. Pero por outra banda, pareceume moi valente ao intentar descubrir toda a verdade sobre o porqué: falando cos seus amigos, co “suposto” mozo, indo á farmacia, hospital...
Eu penso que non sería capaz diso porque non estaría disposta a revolver partes da “súa” historia, aínda que habería que verse no caso para saber exactamente como actuaría.

Sen comentarios