ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/01/15

O segredo de Marco Polo

Comentario de Nerea Álvarez González


O segredo de Marco Polo
Francisco Castro
Galaxia





Este libro gustoume moito porque trata dunha historia de amor, para min un pouco peculiar, pero é unha historia de amor que me gustou moito porque trata dunha doncela que ten que casar cun home que para ela non é correspondido.
É a primeira vez que leo un libro deste autor, e a verdade gústame moito como reflicte os sentimentos dos protagonistas.
O que máis me gustou deste libro, case no final do libro, como lle explica que o fillo que esperaba a muller non era de quen se pensaba que era senón doutro home, que tiña correspondido o seu amor; iso gustoume moito porque produce como un xiro dramático na historia.
Houbo dúas cousas que non me gustaron deste libro. A primeira é que o principio pareceume moi aburrido, é dicir, que non me transmitía o entusiasmo de ler como me transmitiu o resto da historia. A segunda cousa que non me gustou foi o final do libro, o desenvolvemento da historia, non me gustou porque me deixa un pouco desconcertada; explícome, que non me produciu un enganche de ler rapidamente o final porque me gustou.
Polo xeral encantoume porque é unha historia que trata do amor, e a min as historias de amor encántanme.

Sen comentarios