ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/01/15

Unha primavera para Aldara

Comentario de Noelia Blanco Pájaro 



Unha primavera para Aldara
Teresa Moure
Xerais





Esta obra teatral está ambientada no século XV, nun convento de monxas. O feito de estruturarse en diferentes escenas e contar con moitos personaxes fai que a súa lectura e comprensión se faga complexa, aínda así a autora da obra consegue que pouco a pouco nos ubiquemos e entendamos o transcurso da historia e o papel dos personaxes. 
En xeral, este tipo de historias non me chaman a atención xa que non me gusta ler libros que tratan temas de varios séculos atrás polo que non me resultou atractivo pero estou segura de que gañaría moito se vira a representación teatral pois para min sería máis doado entender a obra.

Sen comentarios