Comentario de Nerea Álvarez
A ferida
Begoña Paz
Xerais
Este libro trata
sobre a violencia de xénero , é un libro que reflicte un machismo moi
xeralizado. O machismo que presenta a autora nestas historias a pesar de ser o
que ocorre realmente na actualidade ten escenas demasiado fortes como para lelas.
É a primeira vez
que leo un libro desta autora pero gustoume bastante porque reflexa moito e
enténdense moi ben as violacións que sofren as vítimas das historias. O que máis
me gustou deste libro é como expresa os sentimentos que teñen as vítimas cando
están sufrindo algún tipo de violencia de xénero.
O que menos me
gustou é que ten unhas frases ou escenas demasiado específicas, é dicir, especifica
moito as escenas nas que realmente se producen contacto físico entre o/a
violador e vítima e tamén especifica moito o gusto que lle dá aos maltratadores
o simple feito de estar acorralando ás vítimas
para maltratalas, tanto psicoloxicamente como fisicamente.
A historia que
máis me gustou foi a de ovellas e lobos porque reflexa moi ben como unha rapaza de doce anos, que aínda que medrou demasiado pronto non deixa de ser unha nena, ten
medo dun rapaz de moita musculatura. Ilustra como a nena sente medo e “asco” cando o rapaz intenta forzala e violala. A pesar de todo a rapaza intenta
escapar pero un día cando a sorprende no seu edificio el ía violala pero
como a rapaza tiña tanto medo de el que a deixou escapar; esta historia é a que
máis me gustou porque é o que ocorre normalmente nos institutos e colexios con
rapazas que están xa desenvolvidas.
Pareceume que
este libro aínda que me gustou pareceume que ten unhas frases demasiado fortes
para ler, porque se centra moito na sedución sexual e nos momentos que
presentan escenas de algún tipo de acción sexual.
Sen comentarios
Publicar un comentario